lunes, 18 de abril de 2011

"SEN PASAR DA RAIA!"


Os lambóns máis simpáticos da Televisión de Galicia regresan este martes 19 de abril, ás 21:55, cun novo capítulo e unha invitada moi especial. A cociñeira Lucía Freitas preparará xunto a Benigno Campos, unha riquísima receita. Para o aperitivo unhas ostras e para o plato principal unha deliciosa raia con arroz. E, ¿ónde irá Tomás?

martes, 12 de abril de 2011

HOXE, TUDILLO CON GRELOS

Os lambóns máis simpáticos da Televisión de Galicia regresan esta noite cun novo capítulo no que o comandante Benigno Campos preparará un exquisito tudillo con grelos.
En fin, camaradas, o prato de hoxe promete. Veremos como sae. Eu non o perdería, larpeiros!!

lunes, 11 de abril de 2011


Mañá martes día 12 ás 21:55 na TVG: "Manda grelos"!

RECEITA - GUISO DE POLO CON COGOMELOS

INGREDIENTES (para 5 persoas): Un polo campeiro ou caseiro sobre 2,5 quilos 2 cebolas Allo, perexil 1 pemento vermello 1 cunca de chícharos Tomate 1/2 quilo de cogomelos Fariña, aceite e sal Caldo de polo - Comezamos adubando o polo con allo, perexil e sal, e o douramos no aceite. Mentres se doura picamos a cebola e o pemento e o incorporamos á tarteira xunto cos chícharos. Pasados uns minutos engadimos o tomate natural. Deixamos facer uns minutos. - Poñemos uns culleróns de caldo de polo para que coza un pouco (10 minutos). Mentres coce, limpamos os cogomelos e pasados os dez minutos os engadimos ao guiso. - Deixamos que o conxunto se cociñe a lume maino 30-40 minutos. Mentres o guiso segue a facerse, poñemos a cocer o arroz para acompañar. (Podemos aproveitar o caldo para darlle máis sabor).

miércoles, 30 de marzo de 2011

RECEITA - ARROZ CON BERBERECHOS

INGREDIENTES (para 5 persoas):
3 k de berberechos (purgando en bol con auga e sal)
12 langostinos ou gambóns (cocidos)
500 grs de arroz
1 cebola tenra, allo
1 pemento vermello
1 pemento verde
Media cunca de chícharos
Tomate natural Azafrán
Aceite de oliva e sal

- Poñemos ao lume unha ola con abundante auga, cando estea case fervendo botamos os berberechos ata que abran, entón os retiramos e reservamos o caldo.

- A continuación encedemos o forno.

- Despois collemos unha tarteira de barro na que botamos aceite. Cortamos as verduras e as incorporamos á tarteira ata que pochen ben.

- Mentres retiramos as viandas das cunchas.

- Cando o sofrito estea case listo engadimos o tomate, agardamos uns tres minutos e botamos tamén o arroz e o azafrán. Remexemos durante un par de minutos e despois botamos o caldo. Rectificamos de sal e metemos a tarteira no forno durante 15 minutos. Pasado ese tempo abrimos o forno e incorporamos os berberechos. Deixamos que se fagan outros 5 minutos.

- Por último adornamos cos langostinos cocidos.

martes, 29 de marzo de 2011


Hoxe á noite, ás 21:55 na TVG, "O santo dos Croques!". Non o perdades lambonciños e lambonciñas!

jueves, 24 de marzo de 2011

RECEITA - TORTA DE QUEIXO
INGREDIENTES
(para 5 persoas):

5 ovos
1 terrina de queixo tipo Philadelphia de 200g.
1 iogur natural
1/2 L de nata líquida
1 1/2 vaso de azucre, medido polo vaso do iogur
1 vaso de fariña, medida polo vaso do iogur

- Trituramos todos os ingredientes cun batedor e pasámolos a un molde untado con manteiga.

- Metemos a mestura no forno a 200 graos durante 45 minutos, e xa está lista.

- Pódese tomar morna ou fría.