miércoles, 4 de mayo de 2011

RECEITA - PORCO CON CERVEXA

INGREDIENTES (para 5 persoas):

2 kg de lombo fresco de porco

1 litro de cervexa

1 kg de champiñóns

2 cebolas grandes

Arroz basmati

1 cunca de chícharos

3 cenouras

Fariña

Allo, aceite e sal

Comezamos cortando a peza de lombo en rodaxas duns 2 centímetros e as adubamos. Enfariñamos a carne e a poñemos a dourar nunha tarteira con aceite quente. Mentres aproveitamos para ir cortando en xuliana as cebolas e as incoporamos á tarteira. Despois se cortan os champiñóns en cuartos e cando a cebola estea case pochada se engaden tamén á tarteira. A continuación botamos a cervexa, é suficiente con que cubra as rodas de lombo. Movemos a tarteira, para que se reparta ben e deixamos que se faga todo durante uns 15 minutos.

Para o acompañamento, poñemos auga a ferver e mentres cortamos as cenouras. Cando ferva botamos as hervillas e a cenoura. Cando volva a ferver engadimos o arroz e a sal. Unha vez recupere de novo a fervura deixamos cocer nove minutos.

Para presentar o arroz untamos con aceite un molde e botamos dentro o arroz, o colocamos no centro dunha fonte e arredor poñemos as rodas de raxo co prebe.

Tamén se podería acompañar o lombo con puré ou patacas fritidas.