jueves, 24 de marzo de 2011

RECEITA - TORTA DE QUEIXO
INGREDIENTES
(para 5 persoas):

5 ovos
1 terrina de queixo tipo Philadelphia de 200g.
1 iogur natural
1/2 L de nata líquida
1 1/2 vaso de azucre, medido polo vaso do iogur
1 vaso de fariña, medida polo vaso do iogur

- Trituramos todos os ingredientes cun batedor e pasámolos a un molde untado con manteiga.

- Metemos a mestura no forno a 200 graos durante 45 minutos, e xa está lista.

- Pódese tomar morna ou fría.
RECEITA - BERENXENAS RECHEAS DE BACALLAU
INGREDIENTES (para 5 persoas):


3 berenxenas grandes

1 kg de migas de bacallau

2 cebolas

3 dentes de allo

2 vasos de salsa de tomate

1/2 L de leite

3 culleradas de fariña

12 liscos de queixo

Aceite de oliva

Perexil

- Unha vez lavadas as berenxenas, cortámolas pola metade e facémoslles uns cortes transversais, botámoslles un chorro de aceite a cada unha e metémolas no forno a 200 graos durante quince minutos. Baleirámolas e reservamos a súa polpa e a pel.

- Nunha tixola poñemos aceite e engadímoslle a cebola e o allo moi picadiños. cando a cebola estea transparente, botámoslle o bacallau, previamente remollado e desalgado. Deixamos que se faga e incorporámoslle a polpa das berenxenas e a salsa de tomate, mesturamos ben e con este compango enchemos as berenxenas.

- Nun recipiente á parte facemos unha bechamel poñendo un pouco de aceite e fariña, aos que lles engadimos leite e removemos ata lograr a textura adecuada. Cubriremos as berenxenas co bechamel e cos liscos de queixo, e metémolas no forno ata que funda o queixo, aproximadamente nuns cinco minutos
.