viernes, 11 de noviembre de 2011

ESCARAPOTE CON ERVILLAS

INGREDIENTES (para 5 persoas):

2 ESCARAPOTES (enteiros, descamados, coa cabeza cortada)

1 cebola grande

2 dentes de allo

½ pemento verde

½ pemento vermello

2 tomates maduros (pelados)

3/4 kg de Chícharos ou ervillas

Para o caldo: 1 allo porro, 1 cenoura, 1 cebola, perexil

1kg de patacas medianas (aprox)

Un vaso de viño branco

Azafrán, aceite e sal

- O primeiro é montar o caldo coas cabezas de escarapota. Poñemos nunha ola as cabezas dos escarapotes cos vexetais do caldo: 1 allo porro, 1 cenoura, 1 cebola, e o perexil. (O caldo de peixe nos vai quedar exquisito en 10 minutos fervendo). E mentres se vai facendo o caldo imos torando o peixe e o salgamos.

Agora imos preparar o sofrito, poñemos aceite nunha tarteira e cortamos o allo, a cebola e os pementos. Poñemos todo a pochar. Cando as verduras están xa ben pochadas e o momento de botarlle os tomates, ben picados. Deixaremos que coza todo xunto uns 10 minutos.

Cando o tomate xa está cociñado, incorporamos na tarteira as patacas cortadas e as ervillas. Dámoslles unha voltiña co sofrito e cubrimos todo co caldo. Poñemoslle un sobreciño de azafrán moito e un pouco de sal.

Coas patacas xa case feitas, incorporamos o peixe e botamos un pouco de viño branco porriba do peixe. En seis minutos xa está todo listo.

No hay comentarios: