jueves, 28 de enero de 2010

HOXE ÁS 22:10 "SIDRA PARA TODOS!



No programa de hoxe os larpeiros sorpréndenos cun guiso diferente: pescada á sidra. Un prato saboroso para o que Benigno precisará da colaboración de varios dos nosos lambonciños. Tomás ofrécese a buscar á sidra e encamiña os seus pasos a Chantada. Alí acude a un campo de maceiras, apaña unhas boas mazás e mesmo nos leva a unha fabrica de sidra para ensinarnos como se obtén esta rica bebida. Iso si, 100% galega.
Desta vez é Lola a encargada de mercar o resto dos ingredientes: a pescada, as ameixas e as cebolas. Xa de volta no pazo, Tomás tentará escanciar uns vasiños de sidra para os larpeiros, aínda que sen moito éxito. Menos mal que Leni gárdase un as na manga para axudar ó rapaz.
Os cociñeiros esforzaranse por conquistar o padal dos larpeiros cun menú no que a sidra será o ingrediente principal.

lunes, 25 de enero de 2010

¿Tomás ou o fillo de Guillermo Tell?


Esta foto é unha pista do prato que van degustar os nosos amigos larpeiros este xoves. De momento no vamos desvelar o misterio. Pensade en cousas que se fan con mazás e igual adiviñades.

martes, 19 de enero de 2010

Toma castaña!


Así de felices quedaron os nosos compañeiros despois de pasar o día no Souto Do Pedrouzo en Moneixas.
Si queredes ver o resultado final desta gravación non perdades o programa desta noite. Veredes a Tomás recollendo castañas acompañado da encantadora familia Fernández de Lalín e a Benigno preparando un polo con améndoas e castañas para chuparse os dedos.
Todo isto coma sempre na TVG, hoxe ás 22:oo aproximadamente.
Saúdos larpeiros!

jueves, 14 de enero de 2010

Hoxe, xoves día 14 de xaneiro do 2010, iniciada xa a nova temporada, os "Larpeiros" reúnense esta noite para decidir, entre conversa e humor, a receita da velada, pois teñen ganas de peixe pero non rematan de poñerse de acordo. Tras unha discusión moi animada, o mestre Benigno conclúe que a receita do programa desta noite será un salmón con fideos e ameixas babosas. Pero un dos colegas larpeiros, o xornalista intrépido Tomás Alonso, que está de antollo, engade á lista da compra unhas anguías.Para coñecer mellor estes misteriosos peixes, Tomás Alonso porá rumbo a Arcade, no concello de Soutomaior, onde aprenderá o oficio, un traballo moi duro en que o reporteiro porá todos os seus esforzos. Canso da xornada de pesca, parará a tomar unha tapa de anguías fritidas e levará unha empanada para o aperitivo.Mentres Benigno e Lola se empregan a fondo entre os fogóns, o resto dos larpeiros degustará a empanada. A receita que prepararán para esta velada consiste nun guiso co salmón cortado en dados, verduras variadas e unhas ameixas babosas. Todo está preparado, pois, para que os larpeiros lle dean o visto e prace a este delicioso xantar.

lunes, 11 de enero de 2010


O xoves 14, á hora de sempre, poderemos ver un novo programa de Larpeiros.
Nesta ocasión o noso amigo Benigno vai cociñar uns fideos con salmón.
E ademáis teremos unha nova aventura de Tomás, esta vez pescando anguías cos mariñeiros de Arcade.
Este programa de "peixes viaxeiros" non vai estar nada mal.

lunes, 4 de enero de 2010

XOVES 7 DE XANEIRO DO 2010. 21:30 HORAS. TVG.


Este xoves día 7 Larpeiros comeza a súa cuarta temporada con novas receitas. Neste primeiro programa "Aí veñen os porcos" Benigno vai preparar unha paleta de porco con laranxa.