lunes, 18 de abril de 2011

RECEITA - TUDILLO CON GRELOS

INGREDIENTES (para 5 persoas):
5 CODILLOS PEQUENOS, FRESCOS, SEN PEL
3 ATADOS DE GRELOS
2 PORROS
2 CEBOLAS
2 PEMENTOS VERMELLOS
4 CENORIAS
TOMATE NATURAL
VIÑO BRANCO
ACEITE
FARIÑA
PATACAS REDONDIÑAS, PEQUENAS (DE GORNICIÓN)

- Para comezar adubamos os codillos con allo e perexil, douramolos cun fondo de aceite na tarteira e cando tomen cor, engadimos as verduras cortadas en anacos (porros, cebolas, pementos, cenorias).
Despois de pochar un pouco as verduras, incorporamos o tomate.
Regamos con viño branco e completamos con auga.
Deixamos cocer con calma durante unha hora.

- Nunha pota con auga e sal poñemos cinco patacas medianas-grandes en cachos xenerosos.
Usamos o tempo en que as patacas empezan a cocer para lavar e cortar os grelos e os incorporamos na ola onde xa ferven as patacas.
Unha vez cocidos xa podemos retirar e escoar os grelos.
Cando tamén estean feitas as patacas as retiramos para un bol amplo e esmagámolas cun garfo.
Coa axuda dun cullerón, incorporamos algo da auga da cocción, para que non quede mesto ou duro de mais.
Imos incorporándolle un fío de aceite de oliva, para que quede ben ligado. Axustámolo de sal.

- No último momento, imos refogar os grelos nunha tixola cunhas culleradas de aceite nas que douramos uns allos en láminas e incorporamos os grelos previamente escoados.

- Nunha fonte de servir, dispoñemos os tudillos, o puré de patacas e os grelos refogados con arte, e listo!

"SEN PASAR DA RAIA!"


Os lambóns máis simpáticos da Televisión de Galicia regresan este martes 19 de abril, ás 21:55, cun novo capítulo e unha invitada moi especial. A cociñeira Lucía Freitas preparará xunto a Benigno Campos, unha riquísima receita. Para o aperitivo unhas ostras e para o plato principal unha deliciosa raia con arroz. E, ¿ónde irá Tomás?