jueves, 14 de enero de 2010

Hoxe, xoves día 14 de xaneiro do 2010, iniciada xa a nova temporada, os "Larpeiros" reúnense esta noite para decidir, entre conversa e humor, a receita da velada, pois teñen ganas de peixe pero non rematan de poñerse de acordo. Tras unha discusión moi animada, o mestre Benigno conclúe que a receita do programa desta noite será un salmón con fideos e ameixas babosas. Pero un dos colegas larpeiros, o xornalista intrépido Tomás Alonso, que está de antollo, engade á lista da compra unhas anguías.Para coñecer mellor estes misteriosos peixes, Tomás Alonso porá rumbo a Arcade, no concello de Soutomaior, onde aprenderá o oficio, un traballo moi duro en que o reporteiro porá todos os seus esforzos. Canso da xornada de pesca, parará a tomar unha tapa de anguías fritidas e levará unha empanada para o aperitivo.Mentres Benigno e Lola se empregan a fondo entre os fogóns, o resto dos larpeiros degustará a empanada. A receita que prepararán para esta velada consiste nun guiso co salmón cortado en dados, verduras variadas e unhas ameixas babosas. Todo está preparado, pois, para que os larpeiros lle dean o visto e prace a este delicioso xantar.