lunes, 19 de septiembre de 2011

Mañá martes 20 ás 22:10 na TVG: "O reino do mirabel!".

Os larpeiros regresan mañá cun riquísimo polo con mirabeis. Para esta receita contarán cun invitado moi especial, o cociñeiro Xosé Cannas. Un prato que terá como sorpresa un postre moi doce, uns biscoitos de chocolate con salsa de mirabel, lambonciños.

Tomás Alonso desprazarase ata O Rosal e alí, da man de Salvador e Xosé Manuel, aprenderá todo o relacionado co mundo do mirabel. Despois acercarase ata a fábrica de A Rosaleira a saber algo máis sobre o mundo do mirabel, pero desta vez en conserva.



lunes, 12 de septiembre de 2011

"Porcos moi ilustres!"


Mañá martes 13 de setembro ás 22:10, na TVG, os larpeiros van preparar un guiso de manciñas de porco de primeira división. Un prato que terá como sorpresa mesmo un postre de sete estralos, lambonciños.

Para iso Tomás Alonso desprazarase ata Viana, en Chantada, unha terra rica en case todo, pero moi afamada polo embutido que fai o Caballero de Vina, o señor Moure, gran amigo de Tomás.

O primeiro que terá que facer o noso larpeiro itinerante vai ser aprender a criar porcas en liberdade. Que comen, que fan e como viven…

Así que unha vez coñecida a teoría sobre o mundo do porco, Tomás desprazarase cara a praza do Progreso en Vigo, onde Héctor o carniceiro de cabeceira de Tomás vai facer a manicura a unhas manciñas de porco.

Veremos como lle quedan a Benigno ese guiso….e o postre. Atentos o prato, larpeiros. Eu non o perdería, lambonciños!!