martes, 18 de mayo de 2010

Polo río abaixo vai unha troita de pe.


Nesta ocasión, os galdrumeiros máis divertidos da Galega cociñarán unhas troitas con xamón, froitos secos e pisto.

A aventura de Tomás desenvolverase en Quiroga, na provincia de Lugo, onde se atopa dende hai catro décadas a piscifactoría de troitas Piscilor, as beiras do río Lor. Víctor López, que leva 35 anos na empresa, amosaralle a Tomás tódolos segredos sobre a cría de troitas en cautividade; ademais o noso larpeiro coñecerá de primeira man cómo é o proceso de engorde destes peixes que cociñará don Benigno.

Desde Quiroga, Tomás irá cara ó mercado vigués de Teis para facerse con cicno exemplares de ración, unhas verduriás para o pisto e media ducia de ovos de paspallás.

Así que, xa sabedes, lambonciños, se vos gustan ou non os peixes de río, neste caso do río Lor, este xoves ás 22:30 na Galega podedes ver o capítulo de Larpeiros titulado “Unha troita de pé”. Que vos guste!