martes, 15 de junio de 2010

"SABOR A MAR" - Xoves 17 - 22:30h - TVG


Nesta nova entrega o larpeiro itinerante Tomás Alonso desprazarase ata a Illa de Arousa para ver como se crían nunha batea os mellores mexillóns do mundo, os mexillóns de Galicia.
O bateeiro Ramón Otero amosaralle a Tomás tódolos segredos da cría deste molusco, que grazas o bo facer de tódolos traballadores do sector, converteu o noso país no segundo produtor do mundo.

Tomás embarcará no peirao de Xofre, na Illa de Arousa, e desde alí irá con Ramón e a súa tripulación ás bateas. Levantar as cordas, saca-los mexillóns, limpalos, clasificalos e metelos en sacos serán algunhas das tarefas que deberá facer este investigador antes de ir ao mercado de Pontevedra a pola pescada e os mexillóns.

Así pois, os produtos coa denominación de Pescaderías serán as estrelas do prato que vai cociñar a campiona da cociña galega de 2008, Inés Abril, unha moza cociñeira que desenvolve a súa sabedoría culinaria nos fogóns do restaurante vigués Maruja Limón.

Con produtos galegos das nosas rías, pescada e mexillóns, Inés fará un exquisito prato que lle aprendeu a súa nai e que vai perdurando a través de varias xeneracións “A pescada rechea de mexillóns”.

Seguro que nas mans desta cociñeira e no padal dos larpeiros este prato e este programa van ser todo un éxito. Que vos guste!