viernes, 11 de noviembre de 2011

ESCARAPOTE CON ERVILLAS

INGREDIENTES (para 5 persoas):

2 ESCARAPOTES (enteiros, descamados, coa cabeza cortada)

1 cebola grande

2 dentes de allo

½ pemento verde

½ pemento vermello

2 tomates maduros (pelados)

3/4 kg de Chícharos ou ervillas

Para o caldo: 1 allo porro, 1 cenoura, 1 cebola, perexil

1kg de patacas medianas (aprox)

Un vaso de viño branco

Azafrán, aceite e sal

- O primeiro é montar o caldo coas cabezas de escarapota. Poñemos nunha ola as cabezas dos escarapotes cos vexetais do caldo: 1 allo porro, 1 cenoura, 1 cebola, e o perexil. (O caldo de peixe nos vai quedar exquisito en 10 minutos fervendo). E mentres se vai facendo o caldo imos torando o peixe e o salgamos.

Agora imos preparar o sofrito, poñemos aceite nunha tarteira e cortamos o allo, a cebola e os pementos. Poñemos todo a pochar. Cando as verduras están xa ben pochadas e o momento de botarlle os tomates, ben picados. Deixaremos que coza todo xunto uns 10 minutos.

Cando o tomate xa está cociñado, incorporamos na tarteira as patacas cortadas e as ervillas. Dámoslles unha voltiña co sofrito e cubrimos todo co caldo. Poñemoslle un sobreciño de azafrán moito e un pouco de sal.

Coas patacas xa case feitas, incorporamos o peixe e botamos un pouco de viño branco porriba do peixe. En seis minutos xa está todo listo.

FEIXÓNS VERDES CON VINAGRETA

INGREDIENTES (para 5 persoas):

Feixóns verdes (3/4 kg)

2 cenouras medianas

1 ovo cocido

Aceite e vinagre

  1. Cortamos as xudías en bastóns e as poñemos nunha ola con auga e un pouco sal, no lume.
  2. Cortamos as cenouras en bastonciños.
  3. Poñemos na tarteira as cenouras e os feixóns.
  4. Mentres cocen, preparamos a vinagreta: esmagamos o ovo nun bol, engadimos 3 partes de aceite e 1 de vinagre, e remexemos ben todo.
  5. Cando as verduras estean cocidas, as escoamos e as colocamos nunha fonte xunto coa vinagreta.

TRES GALEGOS

INGREDIENTES (para 5 persoas):

3 ou 4 rosquillas

500 grs de requeixo galego (cremoso sen azucre)

Un pouco de mel galego

Unhas fresas

5 ou 6 melindres (para adornar)

Comezamos por esmagar nun prato, cunha culler, as rosquillas e as deixamos en cachiños.

No vaso do batedor poñemos as fresas e un par de culleradas sopeiras de mel. Batemos todo.

Collemos un vaso e montamos a lambetada: poñemos un fondo de rosquillas, despois unha capa de requeixo (o remexemos antes) e por último, botamos porriba a froita co mel. Hai que ter moito coidado para que non se mesturen as capas.

Como adorno final colocamos un melindre colgado no bordo superior de cada vaso.

*Podemos facer unha capa de cada ou alternar un par de capas de cada. Tamén se poden empregar outras froitas.