jueves, 13 de octubre de 2011

VERDINAS CON NAVALLAS

INGREDIENTES (para 5 persoas):
700 grs de verdinas (que xa temos a remollo)
40 navallas (3 ducias e media)
cebola,
allo,
tomate maduro
viño branco
pemento doce
aceite e sal
 - Empezamos por poñer as verdinas a cocer na ola exprés, en auga fría con algo de sal e acompañadas dunha cebola con cravo e loureiro, durante uns 30 minutos.
 - Mentres abrimos as navallas, dándolle unha fervura breve nunha cazarola cunha pouca auga. Unha vez abertas, reservamos a auga da cocción e apartamos as navallas para unha fonte.
 - Agora poñeremos en marcha o sofrito. Colocamos na tixola un pouco aceite, picamos allo e cebola, os poñemos a pochar a lume suave.
 - Mentres retiramos as viandas das navallas e as cortamos pola metade, retirándolle a parte negra. Cando allo e cebola estean xa pochados, incorporamos o tomate natural, pelado e picado. Deixamos que se faga con calma.
 - A continuación incorporamos as navallas no sofrito e unha cullerada de pemento doce. Mollamos cun pouco de viño branco, deixamos que se faga todo un par de minutos.
 - Cando estean as verdinas as xuntamos co sofrito coas navallas noutra tarteira e o deixamos a lume moi baixo, se engade un pouco de auga e algo da auga de cocción das navallas. Remexemos con delicadeza.
 - Deixamos que coza suavemente cinco minutos e listo!

CREMA DE PEXEGOS

INGREDIENTES (para 5 persoas):
4 pexegos bonitos (de Calanda, grandes)
3 iogures
½ bote pequeno de leite condensado
Zume dun limón pequeno (ou medio limón)
Follas de menta para adornar
1. Pelamos os pexegos e retiramoslles as carabuñas.
2. Cortamos os pexegos en anacos e poñémolos no vaso do batedor.
3. Engadínmoslles o zume de medio limón, os iogures e o leite condensado.
4. Batemos ata desfacer ben os pexegos e lograr unha textura cremosa.
5. Servir en boles.
6. Colocar folliñas de menta fresca para adornar e darlle aroma.
7. Meter os boles da crema de pexegos na neveira para tomar fría.