lunes, 31 de octubre de 2011

“Un día redondo”


O mércores 9 de novembro, ás 22:30h na TVG, os larpeiros prepararán un riquísimo guiso de escarapote con ervillas; ademais como sobremesa os nosos amigos vanse dar un gusto: prepararán a copa dos tres galegos, unha sorpresiña con requeixo do Eume, mel do país, rosquillas e uns bonitos e saborosos amorodos.

Para tan ricos manxares o xornalista de investigación Tomás Alonso desprazarase ata a festa de San Bieito, en Gondomar, na provincia de Pontevedra, onde agarda por el no seu posto de rosquillas a súa amiga María, unha simpática muller que pertence a unha familia de grandes rosquilleiros. Será ela quen lle aprenda o oficio a Tomás, que vai levar como agasallo polo seu traballo unha bolsa de rosquillas…logo de comer algún bolo e algún melindre, claro. Veremos tamén como se elaboran todos estes produtos na fábrica de rosquillas de Silleda e xa a lume de carozo Tomás deberá ir cara o mercado de Teis en Vigo para facerse cunhas verduriñas e uns escarapotes no posto de Roberto, antes de regresar.

3 comentarios:

Químico Cocinero dijo...

Boas,

Meus pais son grandes seguidores do voso programa. Aínda que o voso é ser "Larpeiros", estaría ben que dalgunha meterades algunha receta para a xente que ten problemas co azucre, Saúdos

Anónimo dijo...

Noraboa!

Anónimo dijo...

Boa tarde.

Gustaríame ofrecer froitas e legumes da terra para un programa. Eu son unha frutería de Vigo: Frutas Lar. Un pequeno negocio familiar que precisa un pouco osíxeno para seguir neste océano de crise.

Un saúdo.
A filla da frutera.
frutaslar@gmail.com