martes, 25 de mayo de 2010

Mariscadores diplomados


Este xoves, os nosos galdrumeiros cociñarán unhas fabas con ameixas de Barallobre.

Tomás achegarase ata a ría de Ferrol, concretamente a localidade de Fene e o porto de Barallobre. Alí coñecerá a Xira, unha experta e simpática mariscadora que lle amosará ao noso larpeiro itinerante os segredos do marisqueo e aprenderalle a distinguir as ameixas finas, das babosas e das xapónicas.

Unha vez rematadas as faenas de marisqueo Tomás irá polas ameixas ao mercado de Ferrol e xa con todo o material no cesto regresará á casa para que don Benigno realice outra das súas obras mestras da cociña universal.

Así que, xa sabedes, lambonciños, tanto se vos gustan, ou non, as ameixas con fabas, este xoves na Galega ás 22:30 podedes ver este divertido programa.

No hay comentarios: