Neste programa os Larpeiros convidaron a súa amiga Bibiana Cardona do restaurante pontevedrés "La Casa de Las Cinco Puertas" para facer unhas orixinais e deliciosas filloas recheas.
Normalmente as filloas comémolas como postre, pero tamén se poden preparar con recheos salgados, e para demostralo Bibiana fixo unhas con carne de porco picada, alegrada cunhas noces e uns dátiles, e outras con verduras, neste caso espinacas e setas. Moi ricas por certo!
1 comentario:
Encantóume este programa. As receitas de Bibiana de 10 e as súas explicacións perfectas.
Muacs doces
Publicar un comentario