jueves, 29 de enero de 2009

Larpeiras nas escaleiras


Nadal de 2008. Coas larpeiras nunca se sabe. As veces suben, as veces baixan e as veces marchan de viaxe como a señoriña Lemos, unha larpeira viaxeira que sempre anda detrás das cámaras e que agora decidiú colocarse diante para pousar xunto a Marian, primeira pola esquerda, Cruz, a que leva lentes, e Lola, a do mandil. Marta é a de pelo rizado, a máis morocha das catro. Ela, ademais de facer un marmelo con noces de primeira división, nos seus ratos libres é guionista e documentalista do programa. Nunhas horas estará voando cara a Polinesia na procura de quen sabe que ou quen. Moi boa viaxe e feliz estadía de parte de todo o equipo de Larpeiros. Marian quedará aquí coas súas masaxes terapéuticas e a súa filosofía zen, ademais de dar algúns cursiños de cociña vexetariana nas aulas de Caixanova. Cruz seguirá coa súa cruzada anti-leite de vaca (so bebe leite de soia ou en pó) mentres atende as súas tendas de zapatos e Lola, ay!, Loliña, entre o coro e César non vai ter tempo para nada, bueno, para ver ós netos sácase tempo de calquera parte. Falta Manola, que estivo facendo no primeiro programa uns chocos riquísimos con arroz e falta Lola de Mañufe, que xa terá o seu lugar no blog máis adiante, ah!, e Mari, que nos fixo uns garavanzos con mexillóns estupendos. Igual non están tódalas que son, pero sí son tódalas que están. Grazas a todas por ser tan riquiñas. Bicos mil, larpeiras!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Gústame moito o voso programa.

Anónimo dijo...

OLA Larpeiros!

Que bonito caderno de viaxe tedes. Non parades, sempre de aquí para alá... con polbo, chocos, cabrito... non lle facedes ascos a nada, sodes de bo dente xa sei.

Un bicaso


PD: Boa viaxe Marta!!! que che vaia ben polas illas marquesas

Fdo: Doutora Lambeiretas só por un día.

pau dijo...

Ola Larpeiros!!!

Que bonito o voso cadérno de bitácoras. sempre de aquí para alá... polbo,chocos, cabrito... sodes de bo dente, ben o sei.
Un bicaso

Fdo: A Doutora Lambeiretas por un día

PD: Boa viaxe Marta!!!