martes, 15 de marzo de 2011

RECEITA - GUISO DE COELLO CON PATACAS

INGREDIENTES (para 5 persoas):
Un coello e medio
Dous quilos de patacas
Duas cebolas
Dous alloporros
Un pemento vermello
Tomate natural
Xudías verdes (300-400 gr)
Unha cunca de hervillas ou chicharos
Azafrán moído
Allo e perixel fresco
Un vaso de Viño branco
Aceite e Sal

- O primeiro e facer un adubo, con allo, perixel e sal, para untar a carne. Unha vez ben adubado douramos o coello nunha tixola con aceite. En canto a carne estea ben selada a retiramos e a reservamos.

- A continuación preparamos un sofrito. Nunha tarteira con aceite refogamos cebola, pemento vermello e alloporro. Unha vez pochadas as verduriñas engadimos o coello e tamén o tomate. Regamos todo con viño e auga e deixamos cocer durante 5 minutos. Despois botamos as xudías, cortadas en bastonciños, e os chícharos. Por último se engaden as patacas e o azafrán.

- Despois de 25 minutos estará listo o guiso.

RECEITA - EMPANADA DE CHOCOS

INGREDIENTES (para 5 persoas):
Para a masa
Medio quilo de fariña
Un vaso de auga morna
Un pouco de levedo de panadería
Sal
Para a zaragallada ou recheo
1,5 quilos de chocos, mellor se son grandes
6 cebolas
1 pemento verde e outro vermello
Un pouco de viño
Aceite

- Comezar amasando a mestura de fariña, auga, levedo e sal. Despois cubrir a masa cun pano e deixala repousar lonxe das correntes de aire.

- A continuación, preparar o recheo ou zaragallada:
Picar as cebolas e os pementos e refogalos. Limpar e lavar os chocos e engadilos ás verduras. Añadir o viño e a tinta. Deixar que o conxunto se guise uns minutos e mentres se poñer a quecer o forno.

- Dividir a masa en dúas metades e estiralas por separado usando un rolo de cociña, procurarndo que queden moi finas. O seguinte paso é pintar con aceite o fondo da chapa do forno e dispoñer nela a primeira metade da masa estirada sobre a bandexa para botar e repartir dentro o guiso de choco. Unha vez chea, colocamos porriba a segunda metade da masa e xuntamos ben os dous bordos, é preciso facerlle un burato no medio para que "respire" e poida sair o exceso de vapor.

- Meter no forno a 180º durante uns 40 minutos.

RECEITA - LASAÑA DE CARNE E REQUEIXO

INGREDIENTES (para 5 persoas):
15 LÁMINAS DE PASTA PARA LASAÑA
1 KG DE CARNE PICADA DE TENREIRA (xa a tempos adubada con (allo, perixel e sal)
1 KG DE CHAMPIÑONS
1 BOL DE REQUEIXO CREMOSO
1,5 L UN BOL XENEROSO DE SALSA DE TOMATE ESPESA
250 GRS DE QUEIXO EN LONCHAS
CUÑA DE QUEIXO PARA RELAR
BECHAMEL
CEBOLA
ACEITE, SAL

- O primeiro é prender o forno a 180º.

- Nunha tíxola douramos a cebola picada. Mentres vai refogando, laminamos os champiñóns e cando a cebola estea douradiña engadimos os champiñóns.

- Cando estean listos, é o momento de engardir a carne picada e refogala remexendo para que se vaia facendo lentamente. Cando a carne estea feita botamos a salsa de tomate e mesturamos todo.

- A continuación botar dúas culleradas sopeiras de requeixo.

- Nunha ola poñemos a quentar auga, con aceite e sal. Cando ferva engadimos a pasta. Unha vez cocida a pasta colocase nunha fonte de forno: unha capa de pasta, outra de recheo e outra de queixo en lonchas; de novo pasta, recheo e queixo, e para rematar unha capa de bechamel.

- Depois ralar o queixo e meter no forno sobre 5 ou 10 minutos ata que se gratine ben.

lunes, 14 de marzo de 2011

Peixe grande ande ou non ande


O martes 15 de marzo, ás 21:55 na TVG: Congro con fideos.

Os lambóns máis simpáticos da Televisión de Galicia regresan mañá martes cun novo capítulo no que o cociñeiro Benigno Campos preparará un congro con fideos.

Para tan exquisito manxar, o xornalista de investigación Tomás Alonso desprazarase ata a localidade coruñesa de Riveira para coñecer a pesca do congro.

Cunha bolsa dos mellores fideos e cun bó congro que mercará na Praza de Abastos de Pontevedra, Tomás chegará ó pazo dos larpeiros cos ingredientes precisos para a receita de Benigno… veremos como sae.

martes, 8 de marzo de 2011


Hoxe ás 21:55 na TVG

"Imos a pataqueira!"

lunes, 28 de febrero de 2011

RECEITA - PEMENTOS DO PIQUILLO RECHEOS DE BACALLAU

INGREDIENTES (para 5 persoas):
10 pementos do piquillo
1/2 kg de migas de bacallau
2 cebolas
Allo e perexil
Fariña
Ovo
Tomate

- Unha vez que se puxeron a remollo as migas de bacallau, poñemos nunha tixola a cebola ben picada, o allo e o perexil machucados, e sofritímolo todo con aceite. Cando abrande a cebola, engadímoslle o bacallau, refogándoo todo moi ben; depois botámoslle un par de culleradas de fariña e un pouco de leite, e con esta mestura facemos unha especie de bechamel, que agregaremos ao bacallau.

- Nunha tixola á parte poñemos un chorro de aceite e fritimos un pouco os pementos, que retiraremos para deixar que enfrien. Nese mesmo aceite poñemos o tomate pelado e picadiño, e facemos unha salsa suave que pasaremos polo triturador ou un coador chinés.

- Os pementos, unha vez frios, enchémolos coa mestura de bacallau, pasámolos por fariña e ovo e frtímolos en abundante aceite. Despois cubrímolos coa salsa e xa se poden servir.

Mañá martes 1 de marzo, ás 21:55 na TVG veredes unha nova entrega de Larpeiros, neste caso sobre o requeixo da Capela. Onde don Benigno vai preparar unha deliciosa lasaña de carne con requeixo. Ata mañá!!