Larpeiros é un programa da Televisión de Galicia no que se pretende chegar aos afeccionados á cociña e, a través do humor, das curiosidades e dos bocados lixeiros de información, a outros públicos máis amplos. Larpeiros é un programa no que a comida é un pretexto para pasar na tele un tempo divertido, igual que na vida cotiá. Larpeiros non propón un programa de cociña senón un programa sobre xente que cociña, come e que se divirte facéndoo.
jueves, 26 de febrero de 2009
O día no que petou o forno
Xaneiro de 2009. Vaia cara que se nos quedou a todos cando no medio dunha gravación marchou a corrente e quedamos sen a posibilidade de utilizar a cociña e o forno. Aquel día tiñamos preparada, ben, Benigno tiña preparada unha marabillosa pescada en prebe verde para os larpeiros, pero a deusa fortuna abandonounos a media mañá e o pesimismo apoderouse do equipo, como mostra esta imaxe. So foi media hora, porque contra a deusa Fortuna sempre encontraremos como aliados os responsables do equipo técnico que, cunha ñapa aquí e un empalme aló, conseguiron que se fixera a luz e a pescada brilase para goce dos comensais. Poderedes velo en menos dun mes. E a ver se cambiades esa cara, que xa pasou o susto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)