martes, 15 de marzo de 2011

RECEITA - LASAÑA DE CARNE E REQUEIXO

INGREDIENTES (para 5 persoas):
15 LÁMINAS DE PASTA PARA LASAÑA
1 KG DE CARNE PICADA DE TENREIRA (xa a tempos adubada con (allo, perixel e sal)
1 KG DE CHAMPIÑONS
1 BOL DE REQUEIXO CREMOSO
1,5 L UN BOL XENEROSO DE SALSA DE TOMATE ESPESA
250 GRS DE QUEIXO EN LONCHAS
CUÑA DE QUEIXO PARA RELAR
BECHAMEL
CEBOLA
ACEITE, SAL

- O primeiro é prender o forno a 180º.

- Nunha tíxola douramos a cebola picada. Mentres vai refogando, laminamos os champiñóns e cando a cebola estea douradiña engadimos os champiñóns.

- Cando estean listos, é o momento de engardir a carne picada e refogala remexendo para que se vaia facendo lentamente. Cando a carne estea feita botamos a salsa de tomate e mesturamos todo.

- A continuación botar dúas culleradas sopeiras de requeixo.

- Nunha ola poñemos a quentar auga, con aceite e sal. Cando ferva engadimos a pasta. Unha vez cocida a pasta colocase nunha fonte de forno: unha capa de pasta, outra de recheo e outra de queixo en lonchas; de novo pasta, recheo e queixo, e para rematar unha capa de bechamel.

- Depois ralar o queixo e meter no forno sobre 5 ou 10 minutos ata que se gratine ben.

lunes, 14 de marzo de 2011

Peixe grande ande ou non ande


O martes 15 de marzo, ás 21:55 na TVG: Congro con fideos.

Os lambóns máis simpáticos da Televisión de Galicia regresan mañá martes cun novo capítulo no que o cociñeiro Benigno Campos preparará un congro con fideos.

Para tan exquisito manxar, o xornalista de investigación Tomás Alonso desprazarase ata a localidade coruñesa de Riveira para coñecer a pesca do congro.

Cunha bolsa dos mellores fideos e cun bó congro que mercará na Praza de Abastos de Pontevedra, Tomás chegará ó pazo dos larpeiros cos ingredientes precisos para a receita de Benigno… veremos como sae.

martes, 8 de marzo de 2011


Hoxe ás 21:55 na TVG

"Imos a pataqueira!"

lunes, 28 de febrero de 2011

RECEITA - PEMENTOS DO PIQUILLO RECHEOS DE BACALLAU

INGREDIENTES (para 5 persoas):
10 pementos do piquillo
1/2 kg de migas de bacallau
2 cebolas
Allo e perexil
Fariña
Ovo
Tomate

- Unha vez que se puxeron a remollo as migas de bacallau, poñemos nunha tixola a cebola ben picada, o allo e o perexil machucados, e sofritímolo todo con aceite. Cando abrande a cebola, engadímoslle o bacallau, refogándoo todo moi ben; depois botámoslle un par de culleradas de fariña e un pouco de leite, e con esta mestura facemos unha especie de bechamel, que agregaremos ao bacallau.

- Nunha tixola á parte poñemos un chorro de aceite e fritimos un pouco os pementos, que retiraremos para deixar que enfrien. Nese mesmo aceite poñemos o tomate pelado e picadiño, e facemos unha salsa suave que pasaremos polo triturador ou un coador chinés.

- Os pementos, unha vez frios, enchémolos coa mestura de bacallau, pasámolos por fariña e ovo e frtímolos en abundante aceite. Despois cubrímolos coa salsa e xa se poden servir.

Mañá martes 1 de marzo, ás 21:55 na TVG veredes unha nova entrega de Larpeiros, neste caso sobre o requeixo da Capela. Onde don Benigno vai preparar unha deliciosa lasaña de carne con requeixo. Ata mañá!!

martes, 22 de febrero de 2011

RECEITA - RABO DE TOURO

INGREDIENTES (para 5 persoas):
2 kg de rabo de touro
Allo, perexil e sal
Fariña
1 cebola
1 pemento vermello
1 cenoria
2 porros
1 rama de apio
2 tomates
Aceite de oliva
Coñac

- Cortamos o rabo en anacos de cinco centímetros, aproximadamente, adubámolo con allo, perexil e sal machucados, pasámolo por fariña e dourámolo nunha cazola con aceite.

- Cando estea dourado, botámoslle a cebola, o pemento e un par de porros picados, a rama de apio, a cenoria picada e un par de tomates en anacos, refogámolo todo e incorporamos a copa de coñac, cubrímolo con auga e deixamos que coza tapado a lume baixo ata que a carne se desprenda ben do óso (mellor nunha ola rápida ou a presión).

- Como gornición, un arroz en branco vaille moi ben.

Hoxe martes 22, ás 21:55 na TVG veredes unha nova entrega de Larpeiros, neste caso sobre o pemento de Arnoia. Onde ademáis, don Benigno fará unha visita a casa de turismo rural "A Parada das Bestas" en Palas de Rei. Non o perdades!!