lunes, 21 de junio de 2010


Os lambóns diplomados máis divertidos da Galega regresan o xoves 24 de xuño as 22,30 da noite cunha nova entrega de Larpeiros na que Tomás Alonso averiguará case todo sobre a tenreira galega e Benigno Campos cociñará un sensacional guiso de carne de agulla con fideos.

Logo do almorzo, o larpeiro itinerante Tomás Alonso achegarase ata o mercado de gando de Silleda para ver polo miudo como é iso de ser tratante de gando. Alí espéranlle Carlos e Xulio, dous auténticos expertos cos que coñecerá tódolos segredos do oficio.

Desde Silleda a Santiago para mercar a carne de agulla e as verduriñas para o guiso…así como algunha ca outra sorpresiña…E logo, de Santiago a Lalín para mercar o aperitivo na Lalinense.

En fin, que cando todo iso chegue as mans de Benigno, na cociña haberá unha festa de tal magnitude que so os máis lambóns poderán degustar. Lembrade, este xoves, na galega Guiso de tenreira con fideos. Eu non o perdería, larpeiros!

martes, 15 de junio de 2010

"SABOR A MAR" - Xoves 17 - 22:30h - TVG


Nesta nova entrega o larpeiro itinerante Tomás Alonso desprazarase ata a Illa de Arousa para ver como se crían nunha batea os mellores mexillóns do mundo, os mexillóns de Galicia.
O bateeiro Ramón Otero amosaralle a Tomás tódolos segredos da cría deste molusco, que grazas o bo facer de tódolos traballadores do sector, converteu o noso país no segundo produtor do mundo.

Tomás embarcará no peirao de Xofre, na Illa de Arousa, e desde alí irá con Ramón e a súa tripulación ás bateas. Levantar as cordas, saca-los mexillóns, limpalos, clasificalos e metelos en sacos serán algunhas das tarefas que deberá facer este investigador antes de ir ao mercado de Pontevedra a pola pescada e os mexillóns.

Así pois, os produtos coa denominación de Pescaderías serán as estrelas do prato que vai cociñar a campiona da cociña galega de 2008, Inés Abril, unha moza cociñeira que desenvolve a súa sabedoría culinaria nos fogóns do restaurante vigués Maruja Limón.

Con produtos galegos das nosas rías, pescada e mexillóns, Inés fará un exquisito prato que lle aprendeu a súa nai e que vai perdurando a través de varias xeneracións “A pescada rechea de mexillóns”.

Seguro que nas mans desta cociñeira e no padal dos larpeiros este prato e este programa van ser todo un éxito. Que vos guste!

martes, 8 de junio de 2010


Coma tódolos xoves, os larpeiros reúnense para argallar unha receita; para esta ocasión teñen a unha nova invitada, Carmen Posada. Benigno Campos propón facer un cordeiro con menestra de verduras, un plato bárbaro no que Tomás Alonso, unha vez máis, terá que esmerarse para conseguir os mellores ingredientes.
O noso reporteiro gastronómico diríxese ó concello de Maceda a coñecer a granxa de ovellas máis grande de Galicia, que conta cun total de 1300 ovellas e que neste momento teñen 300 años, en camiño algún que outro máis. Tomás aprenderá todo o necesario para ser un bó pastor de ovellas.
Despois da aprendizaxe, Tomás sairá correndo hacia o mercado do Calvario, en Vigo, para comprar parte dos produtos da receita. Lola, mentres, acercarase ata o mercado de Moaña a comprar as verduras.
E antes de cociñar, abrirán o apetito cun aperitivo con queixo de ovella.
E, coma sempre, o mestre Benigno convence os larpeiros cunha exitosa e riquisima receita. Non o perdades, larpeiriños.

jueves, 3 de junio de 2010

"A larpeira do mar"


Hoxe ás 22:30 na Galega podedes ver como o noso xornalista de investigación Tomás Alonso vai ata Baiona para coñecer de preto os segredos da pesca con cebo vivo para conseguir un peixe dos máis apreciados nos mercados, a robaliza!
Despois veremos como o mestre Benigno prepara este róbalo cunha rica salsa verde que fará disfrutar os larpeiros na mesa.
Ata a noite lambonciños!

martes, 25 de mayo de 2010

Mariscadores diplomados


Este xoves, os nosos galdrumeiros cociñarán unhas fabas con ameixas de Barallobre.

Tomás achegarase ata a ría de Ferrol, concretamente a localidade de Fene e o porto de Barallobre. Alí coñecerá a Xira, unha experta e simpática mariscadora que lle amosará ao noso larpeiro itinerante os segredos do marisqueo e aprenderalle a distinguir as ameixas finas, das babosas e das xapónicas.

Unha vez rematadas as faenas de marisqueo Tomás irá polas ameixas ao mercado de Ferrol e xa con todo o material no cesto regresará á casa para que don Benigno realice outra das súas obras mestras da cociña universal.

Así que, xa sabedes, lambonciños, tanto se vos gustan, ou non, as ameixas con fabas, este xoves na Galega ás 22:30 podedes ver este divertido programa.

martes, 18 de mayo de 2010

Polo río abaixo vai unha troita de pe.


Nesta ocasión, os galdrumeiros máis divertidos da Galega cociñarán unhas troitas con xamón, froitos secos e pisto.

A aventura de Tomás desenvolverase en Quiroga, na provincia de Lugo, onde se atopa dende hai catro décadas a piscifactoría de troitas Piscilor, as beiras do río Lor. Víctor López, que leva 35 anos na empresa, amosaralle a Tomás tódolos segredos sobre a cría de troitas en cautividade; ademais o noso larpeiro coñecerá de primeira man cómo é o proceso de engorde destes peixes que cociñará don Benigno.

Desde Quiroga, Tomás irá cara ó mercado vigués de Teis para facerse con cicno exemplares de ración, unhas verduriás para o pisto e media ducia de ovos de paspallás.

Así que, xa sabedes, lambonciños, se vos gustan ou non os peixes de río, neste caso do río Lor, este xoves ás 22:30 na Galega podedes ver o capítulo de Larpeiros titulado “Unha troita de pé”. Que vos guste!

lunes, 10 de mayo de 2010


Esta semana os larpeiros andan moi emocionados porque no aperitivo van probar un dos pratos máis exquisitos da gastronomía mundial, considerado un auténtico luxo. Olalá!

E ademáis don Benigno vai preparar un delicioso arroz con pato, e con algún segredo tamén.

Haberá que estar moi atentos para descubrilo todo.

Lembrade, o xoves ás 22:30 na TVG.

Saudos lambonciños!