viernes, 20 de mayo de 2011

Vaia corte!



O martes Benigno e Lola prepararán unhas navallas da ría á prancha e unha paella de verduriñas que quitan o sentido.
Para tan exquisito manxar, Tomás Alonso desprazarase ata Campelo e subirá ó barco de Suso e David, para baixar as profundidades mariñas da illa de Tambo e conseguir unhas navallas.
Mentres Lola acercarase ata Moaña, a súa terra natal, para mercar unha ricas verduriñas das hortas galegas da zona.
Navallas da ría, verduriñas do país…ummm! Todo soa a música celestial larpeiros, poderían facer un prato de sete estralos. Veremos como sae.
Eu non o perdería, lambóns!!

lunes, 16 de mayo de 2011



O dia das Letras Galegas os Larpeiros van preparar un menú á altura desta festividade: Arroz con Bogavante!!
Non falledes á cita. Ás 21:55 na TVG.

viernes, 6 de mayo de 2011


O martes 10 de maio, ás 21:55h, na TVG, os larpeiros van cociñar unha caldeirada de peixe das que fan historia. Non o perdades!

miércoles, 4 de mayo de 2011

RECEITA - PORCO CON CERVEXA

INGREDIENTES (para 5 persoas):

2 kg de lombo fresco de porco

1 litro de cervexa

1 kg de champiñóns

2 cebolas grandes

Arroz basmati

1 cunca de chícharos

3 cenouras

Fariña

Allo, aceite e sal

Comezamos cortando a peza de lombo en rodaxas duns 2 centímetros e as adubamos. Enfariñamos a carne e a poñemos a dourar nunha tarteira con aceite quente. Mentres aproveitamos para ir cortando en xuliana as cebolas e as incoporamos á tarteira. Despois se cortan os champiñóns en cuartos e cando a cebola estea case pochada se engaden tamén á tarteira. A continuación botamos a cervexa, é suficiente con que cubra as rodas de lombo. Movemos a tarteira, para que se reparta ben e deixamos que se faga todo durante uns 15 minutos.

Para o acompañamento, poñemos auga a ferver e mentres cortamos as cenouras. Cando ferva botamos as hervillas e a cenoura. Cando volva a ferver engadimos o arroz e a sal. Unha vez recupere de novo a fervura deixamos cocer nove minutos.

Para presentar o arroz untamos con aceite un molde e botamos dentro o arroz, o colocamos no centro dunha fonte e arredor poñemos as rodas de raxo co prebe.

Tamén se podería acompañar o lombo con puré ou patacas fritidas.

lunes, 2 de mayo de 2011

Marchando unha cervexa!



Este martes don Benigno vai preparar un delicioso porco con cervexa que fará moi felices ós larpeiros e agardamos que tamén a vos.

Non o perdades, ás 21:55 na TVG.

lunes, 25 de abril de 2011

RECEITA - RAIA CON ARROZ MARIÑEIRO

INGREDIENTES (para 5 persoas):
As alas de duas raias de dous quilos

Para o caldo:
Cabeza de sapo
1 rama de apio
1 cebola, allo
2 cenouras
1 vaso de viño branco

Para o arroz:
Un cuarto de quilo de berberechos
Un cuarto de quilo de ameixas babosas
2 cebolas
1 pemento vermello
Allo, aceite
Medio quilo de arroz

- Comezamos polo caldo, e para extraer mais sabor da cabeza de peixe e das verduras, en vez de poñelas a cocer directamente en auga, as metemos no forno, uns 25 minutos, a 180 º. Mentres limpamos a raia.

Pasados os 25 minutos, retiramos a bandexa de forno coa cabeza de peixe e as verduras e as colocamos nunha tarteira ao lume, engadindo apio, perexil, folla de loureiro e cubrimos todo con auga fría. Debe cocer a lume maino uns 20-25 minutos.

- Aproveitamos para facer un sofrito. Picamos moi ben as cebolas, o pemento e o allo, e os poñemos a pochar nunha tarteira. Cando estea listo o sofrito, botamos o arroz. De seguido botamos tamén o caldo.

- A continuación metemos a raia no forno de 8 a 10 minutos. Unha vez asada a reservamos pero retirandolle os cartílagos.

- Cando o arroz estea listo engadimos os berberechos e as ameixas á tarteira. Tamén incorporamos sobre o arroz un machucado de allo, aceite, perexil e viño. Deixamos cocer todo xuntos uns minutos máis.

- Por último colocamos a raia limpa sobre o arroz.

RECEITA - OSTRAS FRITIDAS

INGREDIENTES (para 5 persoas):
Dúas ducias de ostras grandes.
Fariña de millo.
Aceite

- O primeiro é abrir e separar as ostras das cunchas. Despois hai que aliñalas cunha pinguiña de limón en cada ostra (sen sal), seguidamente se pasan as ostra pola fariña.

- Poñemos unha tixola no lume con aceite e vamos fritindo as ostras en aceite ben quente. Cando estean douradiñas se retiran a un prato cun papel absorbente para eliminar o exceso de aceite e se dispoñen nunha fonte.