jueves, 3 de junio de 2010

"A larpeira do mar"


Hoxe ás 22:30 na Galega podedes ver como o noso xornalista de investigación Tomás Alonso vai ata Baiona para coñecer de preto os segredos da pesca con cebo vivo para conseguir un peixe dos máis apreciados nos mercados, a robaliza!
Despois veremos como o mestre Benigno prepara este róbalo cunha rica salsa verde que fará disfrutar os larpeiros na mesa.
Ata a noite lambonciños!

martes, 25 de mayo de 2010

Mariscadores diplomados


Este xoves, os nosos galdrumeiros cociñarán unhas fabas con ameixas de Barallobre.

Tomás achegarase ata a ría de Ferrol, concretamente a localidade de Fene e o porto de Barallobre. Alí coñecerá a Xira, unha experta e simpática mariscadora que lle amosará ao noso larpeiro itinerante os segredos do marisqueo e aprenderalle a distinguir as ameixas finas, das babosas e das xapónicas.

Unha vez rematadas as faenas de marisqueo Tomás irá polas ameixas ao mercado de Ferrol e xa con todo o material no cesto regresará á casa para que don Benigno realice outra das súas obras mestras da cociña universal.

Así que, xa sabedes, lambonciños, tanto se vos gustan, ou non, as ameixas con fabas, este xoves na Galega ás 22:30 podedes ver este divertido programa.

martes, 18 de mayo de 2010

Polo río abaixo vai unha troita de pe.


Nesta ocasión, os galdrumeiros máis divertidos da Galega cociñarán unhas troitas con xamón, froitos secos e pisto.

A aventura de Tomás desenvolverase en Quiroga, na provincia de Lugo, onde se atopa dende hai catro décadas a piscifactoría de troitas Piscilor, as beiras do río Lor. Víctor López, que leva 35 anos na empresa, amosaralle a Tomás tódolos segredos sobre a cría de troitas en cautividade; ademais o noso larpeiro coñecerá de primeira man cómo é o proceso de engorde destes peixes que cociñará don Benigno.

Desde Quiroga, Tomás irá cara ó mercado vigués de Teis para facerse con cicno exemplares de ración, unhas verduriás para o pisto e media ducia de ovos de paspallás.

Así que, xa sabedes, lambonciños, se vos gustan ou non os peixes de río, neste caso do río Lor, este xoves ás 22:30 na Galega podedes ver o capítulo de Larpeiros titulado “Unha troita de pé”. Que vos guste!

lunes, 10 de mayo de 2010


Esta semana os larpeiros andan moi emocionados porque no aperitivo van probar un dos pratos máis exquisitos da gastronomía mundial, considerado un auténtico luxo. Olalá!

E ademáis don Benigno vai preparar un delicioso arroz con pato, e con algún segredo tamén.

Haberá que estar moi atentos para descubrilo todo.

Lembrade, o xoves ás 22:30 na TVG.

Saudos lambonciños!

miércoles, 5 de mayo de 2010

¡ESTAMOS COMO CABRAS!


Mañá xoves o xornalista de investigación Tomás Alonso desprazarase ata os montes de Cabeiras, en Arbo, para coñecer de primeira man cómo se crían uns cabritos de gran calidade.

Logo de pastorear, achegarase ata As Neves, á adega "Coto Redondo", para levarlles os seus amigos unhas botellas de tinto galego Señorío de Rubiós.

No mercado das Travesas, en Vigo, comprará o cabrito e as verduriñas…e con todos eses elementos o comandante Don Benigno Campos preparará un exquisito cabrito na tarteira co que seguro gozarán tódolos comensais que senten á mesa.

Lembrade lambonciños! Este xoves, as dez e media na Galega.

¡Un saúdo e bo apetito!

jueves, 29 de abril de 2010

¡CHEGA A QUINTA TEMPORADA DE LARPEIROS!

Hoxe comeza unha nova temporada de Larpeiros, na que os lambóns máis simpáticos da tele mercarán, cociñarán e comerán un rico lombo mechado con verduriñas do país.

Tomás comezará as súas tarefas de investigación en Vilanova de Arousa, terra de grandes escritores como Valle Inclán e de grandes verduras e hortalizas como as que cultiva Amalia no seu bonito invernadoiro. Ali aprenderá a sementar pementos.

Logo o noso amigo se achegará ata Cambados onde axudará a súa amiga Mila a limpar e envasar unhas leitugas de primeira calidade.

Por último, na carnicería de Héctor, no mercado do Progreso de Vigo, Tomás comprará o lombo de porco que lle ha levar a don Benigno.

Xa na cociña, nas expertas mans do capitán Campos, o lombo mechado seguro vai ser todo un éxito.

Esta noite ás 22:25 horas na TVG, eu non o perdería…

viernes, 23 de abril de 2010

QUINTA TEMPORADA








Cabritos, polbos, ovellas, patos...
Aqui tedes un pequeno avance do que veredes na nova temporada de Larpeiros.
Agardamos que vos guste.