viernes, 10 de junio de 2011

RECEITA - LURAS RECHEAS NA SÚA TINTA

INGREDIENTES (para 5 persoas):

5 luras grandes ou medianas

3 cebolas grandes

1 tomate

4 dentes de allo

1 vaso de viño branco

Sal

Aceite de oliva

- Limpar ben as luras con moito coidado e conservar a súa tinta.

- Picar as aletas e as cabezas cos tentáculos e refogalas ben cunha cebola picada. Con este refrito encheremos o corpo das luras, que podemos pechar cuns escarvadentes.

- Nunha cazola á parte poñemos seis culleradas de aceite, no que botaremos as dúas cebolas restantes ben picadas, xunto co allo laminado, que douraremos sen que se queime, para logo incorporar o tomate pelado e picado xunto co viño. Refogámolo todo e incorporamos a tinta das luras e o sal, segundo a gusto de cada un. Cando a salsa estea ben feita, triturarémola co batedor. Xuntarémola coas luras e deixarémolo todo a lume baixo ata que estean cocidas, variando o tempo dependendo do tamaño das luras.

- Se fosen conxeladas, tamén podemos usar tinta de chocos ou dunha xiba grande.

- A gornición perfecta pode ser un arroz en branco cuns anacos de pan torrado.

martes, 7 de junio de 2011

UN SEÑOR CON OITO PERNAS!



Esta noite ás 21:55 na TVG podedes ver un novo capítulo das aventuras dos larpeiros, e como non, disfrutar dun novo prato do mestre Benigno. Bó proveito lambonciñ@s!

martes, 31 de mayo de 2011



Esta noite os larpeiros comandados polo mestre dos fogóns, Benigno Campos, cociñarán unhas luras recheas con arroz.
Para tan exquisito manxar, Tomás desprazarase ata Cambados, onde embarcará con José Benito e a súa tripulación para pescar unhas luriñas coa arte do boliche.
En fin, veremos como sae todo. As 21:55 na TVG!

jueves, 26 de mayo de 2011

RECEITA - NAVALLAS CON ARROZ

INGREDIENTES (para 5 persoas):

4 ducias de navallas

500 gr de arroz

1 cebola

1 pemento vermello

tomate triturado

allo, perexil e sal

aceite de oliva

azafrán e colorante

- Poñemos auga a ferver e , cando burbulle, botamos as navallas, que se abrirán rapidamente. Retirámolas do lume e sacamos a carne das cunchas, á vez que reservamos a auga da cocción.

- Nunha cazola poñemos aceite e facemos un refrito coa cebola picada, o pemento, o allo, o perexil e o sal machucados, ao que engadiremos o tomate cando a cebola estea transparente. Unha vez feito o refrito, botamos o arroz, poñemos azafrán e incorporamos o resto do caldo de cocer as navallas. Darémoslle o tempo de cocción preciso para facelo caldoso.

- Podese cambiar o arroz por fideos, nese caso deben estar "al dente".

viernes, 20 de mayo de 2011

Vaia corte!



O martes Benigno e Lola prepararán unhas navallas da ría á prancha e unha paella de verduriñas que quitan o sentido.
Para tan exquisito manxar, Tomás Alonso desprazarase ata Campelo e subirá ó barco de Suso e David, para baixar as profundidades mariñas da illa de Tambo e conseguir unhas navallas.
Mentres Lola acercarase ata Moaña, a súa terra natal, para mercar unha ricas verduriñas das hortas galegas da zona.
Navallas da ría, verduriñas do país…ummm! Todo soa a música celestial larpeiros, poderían facer un prato de sete estralos. Veremos como sae.
Eu non o perdería, lambóns!!

lunes, 16 de mayo de 2011



O dia das Letras Galegas os Larpeiros van preparar un menú á altura desta festividade: Arroz con Bogavante!!
Non falledes á cita. Ás 21:55 na TVG.

viernes, 6 de mayo de 2011


O martes 10 de maio, ás 21:55h, na TVG, os larpeiros van cociñar unha caldeirada de peixe das que fan historia. Non o perdades!