lunes, 11 de abril de 2011

RECEITA - GUISO DE POLO CON COGOMELOS

INGREDIENTES (para 5 persoas): Un polo campeiro ou caseiro sobre 2,5 quilos 2 cebolas Allo, perexil 1 pemento vermello 1 cunca de chícharos Tomate 1/2 quilo de cogomelos Fariña, aceite e sal Caldo de polo - Comezamos adubando o polo con allo, perexil e sal, e o douramos no aceite. Mentres se doura picamos a cebola e o pemento e o incorporamos á tarteira xunto cos chícharos. Pasados uns minutos engadimos o tomate natural. Deixamos facer uns minutos. - Poñemos uns culleróns de caldo de polo para que coza un pouco (10 minutos). Mentres coce, limpamos os cogomelos e pasados os dez minutos os engadimos ao guiso. - Deixamos que o conxunto se cociñe a lume maino 30-40 minutos. Mentres o guiso segue a facerse, poñemos a cocer o arroz para acompañar. (Podemos aproveitar o caldo para darlle máis sabor).

miércoles, 30 de marzo de 2011

RECEITA - ARROZ CON BERBERECHOS

INGREDIENTES (para 5 persoas):
3 k de berberechos (purgando en bol con auga e sal)
12 langostinos ou gambóns (cocidos)
500 grs de arroz
1 cebola tenra, allo
1 pemento vermello
1 pemento verde
Media cunca de chícharos
Tomate natural Azafrán
Aceite de oliva e sal

- Poñemos ao lume unha ola con abundante auga, cando estea case fervendo botamos os berberechos ata que abran, entón os retiramos e reservamos o caldo.

- A continuación encedemos o forno.

- Despois collemos unha tarteira de barro na que botamos aceite. Cortamos as verduras e as incorporamos á tarteira ata que pochen ben.

- Mentres retiramos as viandas das cunchas.

- Cando o sofrito estea case listo engadimos o tomate, agardamos uns tres minutos e botamos tamén o arroz e o azafrán. Remexemos durante un par de minutos e despois botamos o caldo. Rectificamos de sal e metemos a tarteira no forno durante 15 minutos. Pasado ese tempo abrimos o forno e incorporamos os berberechos. Deixamos que se fagan outros 5 minutos.

- Por último adornamos cos langostinos cocidos.

martes, 29 de marzo de 2011


Hoxe á noite, ás 21:55 na TVG, "O santo dos Croques!". Non o perdades lambonciños e lambonciñas!

jueves, 24 de marzo de 2011

RECEITA - TORTA DE QUEIXO
INGREDIENTES
(para 5 persoas):

5 ovos
1 terrina de queixo tipo Philadelphia de 200g.
1 iogur natural
1/2 L de nata líquida
1 1/2 vaso de azucre, medido polo vaso do iogur
1 vaso de fariña, medida polo vaso do iogur

- Trituramos todos os ingredientes cun batedor e pasámolos a un molde untado con manteiga.

- Metemos a mestura no forno a 200 graos durante 45 minutos, e xa está lista.

- Pódese tomar morna ou fría.
RECEITA - BERENXENAS RECHEAS DE BACALLAU
INGREDIENTES (para 5 persoas):


3 berenxenas grandes

1 kg de migas de bacallau

2 cebolas

3 dentes de allo

2 vasos de salsa de tomate

1/2 L de leite

3 culleradas de fariña

12 liscos de queixo

Aceite de oliva

Perexil

- Unha vez lavadas as berenxenas, cortámolas pola metade e facémoslles uns cortes transversais, botámoslles un chorro de aceite a cada unha e metémolas no forno a 200 graos durante quince minutos. Baleirámolas e reservamos a súa polpa e a pel.

- Nunha tixola poñemos aceite e engadímoslle a cebola e o allo moi picadiños. cando a cebola estea transparente, botámoslle o bacallau, previamente remollado e desalgado. Deixamos que se faga e incorporámoslle a polpa das berenxenas e a salsa de tomate, mesturamos ben e con este compango enchemos as berenxenas.

- Nun recipiente á parte facemos unha bechamel poñendo un pouco de aceite e fariña, aos que lles engadimos leite e removemos ata lograr a textura adecuada. Cubriremos as berenxenas co bechamel e cos liscos de queixo, e metémolas no forno ata que funda o queixo, aproximadamente nuns cinco minutos
.

lunes, 21 de marzo de 2011

RECEITA - CONGRO CON FIDEOS

INGREDIENTES (para 5 persoas):
1 1/2 kg de congro da parte alta
500 g de fideos
1 cebola grande
1 pemento vermello
1 pemento verde
2 tomates pelados
3 dentes de allo
1 L de caldo feito coa cabeza do peixe
1 papel de azafrán e outro de colorante
Aceite de oliva
Sal

- Nunha cazola botamos o aceite, o allo, a cebola e os pementos ben picadiños. Cando empece a dourarse, engadimos o tomate, tamén picado.

- Cando este o refrito, botamos o congro en anacos, ao que uns minutos antes botariamos un pouco de sal. Incorporamos os fideos, xunto co caldo, o azafrán e o colorante. Deixamos cocer tendo coidado de que non se pegue, e cando o fideo estea al dente, retirámolo do lume e xa está listo para servir.

"Vacas a todo color!"


O martes 22, ás 21:55 na TVG, o noso intrépido investigador vai descubrir un lugar moi especial, a Granxa Maruxa, onde as vacas viven como raiñas.
Pero tamén haberá sorpresas na cociña dos Larpeiros, onde o mestre Benigno vai preparar unhas berenxeas recheas desas de "cómeme, cómeme".