viernes, 23 de julio de 2010


¿Queres ser un larpeiro? ¿Gústache cociñar, comer e falas galego? Colga no noso facebook un video de 1 minuto contándonos que che gusta cociñar e comer, claro!! Anímate e participa, os larpeiros agardan por ti!!

miércoles, 21 de julio de 2010







O mes pasado Tomás Alonso e Benigno Campos fixeron unha demostración de cociña na Semana Verde de Silleda.

jueves, 1 de julio de 2010

Últimas noticias







Hoxe non hai emisión de Larpeiros. Os vosos amigos marchan de vacacións, pero non desesperedes que voltan o día 2 de setembro.
Durante os meses de xullo e agosto non haberá larpeiradas na Galega. Á volta do verán, voltaremos con novas aventuras...
...e unha das sorpresas que vos agardan en setembro é a cociña con conservas do maestro Xosé Cannas. Se queredes aproveitar nas vosas vacacións para degustar a súa esquisita cociña podedes visitar o seu restaurante "Pepe Vieira" no camiño da Serpe, en Poio.
Outro dos pratos que descubriredes é unha caldeirada de peixe feita ...por Celia Cabrera a cociñeira do restaurante "O Croque" en Vigo. Pero tamén disfrutaremos cun delicioso porco con cervexa do noso xefe de cociña Don Benigno Campos, ou dun saboroso arroz con bogavante...

lunes, 28 de junio de 2010

"UN SEÑOR CON OITO PERNAS"


Este xoves volven as aventuras dos larpeiros máis simpáticos da Televisión de Galicia cun programa que se emitirá o primeiro de xullo as 22,30 sobre o polbo galego.

Nesta ocasión visitará a casa dos Larpeiros unha das pulpeiras máis famosas do Carballiño, Aurora Baranda, unha muller que leva máis de trinta anos cocendo o polbo e facendo unha obra de arte con cada ración. Aurora acode a cita cargada con tódolos seus trebellos e preparará un pulpo á feira que seguro non defraudará a ninguén.

Entrementres, o larpeiro itinerante Tomás Alonso realizará a súa peculiar investigación no concello de Bueu, concretamente, nas augas que baten a costa da illa de Ons, onde o seu amigo José Manuel aprenderalle as artes dos naseiros que cada día saen a pescar este cefalópodo.

Logo ten pensado ir ó mercado de Teis, en Vigo, a por un exemplar de dous quilos, unhas verduriñas e, se ten tempo, pasará por Lalín para levarlles aos seus amigos algo do rico embutido lalinense.

Benigno non vai quedar cos brazos cruzados, coa axuda de Lola, Leni e Aurora ten previsto facer un guiso de polbo deses que quitan o sentido…

Así que, xa sabedes larpeiros e lambonciños do país, eu non o perdería por nada do mundo. Todo este menú e, ademais, podería caer polo medio algunha peza que boten Leni, Benigno ou Lola polo camiño…

Lembrade, as dez e media da noite, na Galega, os Larpeiros xúntanse de novo para preparar un bo pulpo.

Un saúdo e ata a semana que ven!

viernes, 25 de junio de 2010

RECEITAS LARPEIRAS

GUISO DE AGULLA CON FIDEOS:

INGREDIENTES
1,5 k de carne (unha boa peza de agulla, cortada en dados)
500 grs de fideos do número 4...
3 Cebolas, allos
2 Porro
4 cenorias
Pemento vermello
Tomate triturado
Unha cunca de chícharos
Caldo de carne
Azafrán

COCIÑAMOS
Salpementamos a carne
Dourámola no aceite
Unha vez dourada, botamos as verduras cortadas, a pochar
Cando estean pochadas, incorporamos o tomate triturado
Logo dun minuto, mollamos co caldo
Tamén poñemos os chícharos e deixamos que todo coza uns vintecinco minutos
Coa carne xa case feita, poñemos os fideos
Incorporamos o azafrán
8-10 minutos de cocción… e listo

lunes, 21 de junio de 2010


Queridos amigos, se queredes que os larpeiros fagan algunha das vosas receitas preferidas, non dubidedes en enviarnos as vosas suxerencias ao noso enderezo electrónico: programatvg@gmail.com

Lembrade que podedes ver todos os programas neste enderezo web:
http://www.crtvg.es/TVGacarta/?prog=431

Os lambóns diplomados máis divertidos da Galega regresan o xoves 24 de xuño as 22,30 da noite cunha nova entrega de Larpeiros na que Tomás Alonso averiguará case todo sobre a tenreira galega e Benigno Campos cociñará un sensacional guiso de carne de agulla con fideos.

Logo do almorzo, o larpeiro itinerante Tomás Alonso achegarase ata o mercado de gando de Silleda para ver polo miudo como é iso de ser tratante de gando. Alí espéranlle Carlos e Xulio, dous auténticos expertos cos que coñecerá tódolos segredos do oficio.

Desde Silleda a Santiago para mercar a carne de agulla e as verduriñas para o guiso…así como algunha ca outra sorpresiña…E logo, de Santiago a Lalín para mercar o aperitivo na Lalinense.

En fin, que cando todo iso chegue as mans de Benigno, na cociña haberá unha festa de tal magnitude que so os máis lambóns poderán degustar. Lembrade, este xoves, na galega Guiso de tenreira con fideos. Eu non o perdería, larpeiros!