miércoles, 24 de marzo de 2010

O éxito de Larpeiros continúa tras 50 programas



Os lambóns máis simpáticos e mediáticos de Galicia celebran este xoves (A Galega, 22,30 horas) o seu 50 aniversario comendo unha riquísima carne de tenreira do país con ceboliñas de Sanxenxo.

O programa Se non é vaca é boi, penúltimo da cuarta temporada, ben a certifica-lo éxito e gran acollida deste innovador formato que reúne cada semana fronte o receptor a máis de 200.000 galegos, acadando nos últimos tempos unha cota de pantalla do 18%.

Neste espazo, que se emitirá o día 25 de marzo, o larpeiro itinerante Tomás Alonso desprazarase ata Monforte de Lemos para visita-la finca Balboa, onde o seu amigo Emilio descubrirá tódolos segredos dos mellores bois de Galicia. Uns animaliños que poden chegar a pesar máis dunha tonelada e media.

Logo de pasar polas terras do Val do Lemos Tomás acudirá ó mercado de Sanxenxo onde recibirá un curso acelerado de enrestrado de cebolas e mercará unha espaldiña de tenreira galega de primeira calidade.

Con boa carne, saborosas ceboliñas e verduras ben frescas don Benigno preparará para os Larpeiros un guiso de tenreira en prebe de cebola que seguro conquistará o exquisito padal dos galdrumeiros máis populares e lambóciños da Televisión de Galicia.

Tras dous anos en antena e con 50 programas as costas, Tomás, Benigno, Lola, Leni e Cruz están preparnado xa novos pratos e novas aventuras para seguir entretendo ó espectador e mantendo a confianza dunha audiencia que lle segue sendo fiel desde o primeiro día no que se emitiú Larpeiros por primeira vez.

Grazas a todos pola vosa colaboración. Un saúdo.

lunes, 22 de marzo de 2010

SE NON É BOI É VACA

Pois sí amigos, esta semana Tomás vai a unha granxa de bois en Monforte de Lemos, pero en realidade don Benigno o que vai preparar é un exquisito prato de tenreira en salsa de cebola.
Xa sabedes que cada semana descubrides algo máis grazas ás excursións do noso intrépido xornalista por Galicia adiante, pero sobre todo podedes aprender a cociñar un novo prato deses que fan da hora de xantar unha auténtica festa.
Agardamos que vos guste o que vos temos preparado para este xoves.
¡Saúdos lambonciños!




lunes, 15 de marzo de 2010

¿De ónde ven Tomás con ese cesto cheo de allos porros? O mellor dito, o que é máis importante, ¿cara ónde se dirixe?
¡A solución e ben fácil lambonciños! Este xoves descubriredes que o noso intrépido xornalista estivo con Toñi en Salvaterra de Miño documentándose sobre os allos porros, e tamén como pasou polo mercado de abastos de Pontevedra para que o seu peixeiro de cabeceira Marcos lle aprendese a distinguir un bó exemplar de abadexo.
¿E todo iso para qué? os preguntaredes, pois para que o mestre Benigno lles prepare aos larpeiros un rico abadexo en salsa de porros, un deses pratos que están para chuparse os dedos.
¡Que o disfrutedes vos tamén galdrumeiros.!

lunes, 8 de marzo de 2010

Bótalle guindas ao pavo!


Nesta ocasión, Tomás acercarase ata o concello de Boimorto na procura dos mellores pavos do pais. Benigno precisa duns bos exemplares para facer un estufado de pavo, unha receita ben saborosa que non deixará indiferentes ós nosos comensais. Para completar o estufado teremos unha goarnición de repolo cunha selección de verduriñas variadas. E para o aperitivo: pavo en escabeche.
Pero antes de levalos á cociña, Tomás amosaranos como é a cria destas aves e traballará duro. E ata fará amigos!.
Haberá que agardar para saber cal é o segredo de Benigno para facer unha nova receita.

lunes, 1 de marzo de 2010




Esta semana don Benigno quere preparar un dos productos galegos máis típicos pero dunha forma non tan típica.


O prato que ten en mente o noso cociñeiro é un arroz con vieiras, e para axudarlle cos ingredientes Tomás terá que ir ata Cambados a coñecer máis de preto o mundo da vieira.


A ver si se lle da mellor esto que a caza, porque si non...

miércoles, 24 de febrero de 2010

“Tomás Alonso e o equipo de Larpeiros de caza no concello de Rodeiro”.


Unha vez máis, un equipo do programa Larpeiros da Televisión de Galicia, co xornalista de investigación Tomás Alonso á cabeza, visitou a comarca do Deza na procura dun bó coello. O noso intrépido reporteiro, acompañado de varios cazadores da zona, aprendeu todo o relacionado ca caza no couto de Rodeiro. Nesta particular batida de caza aprenderemos os costumes dos coellos e decataremonos de que non resulta nada doado darlles alcance. Pero don Benigno non se fia das habilidades de Tomás e decide ir facer a compra el mesmo. Haberá que agardar para saber se o noso cociñeiro dubidaba en balde… Pero con ou sen a axuda de Tomás, os larpeiros xantarán un rico coello estufado con verduriñas e arroz.
Esta nova aventura dos larpeiros poderá seguirse na Galega este xoves a partires das 22:15 h.

lunes, 22 de febrero de 2010

Pim, pam, pum!


Esta semana o noso querido cociñeiro quere preparar coello estufado. Para iso don Benigno vai precisar dous coelliños. Tomás, que quere quedar ben, pensa en ir buscalos aos montes de Rodeiro. ¿Será quén de cazar algo?

Pois haberá que agardar ata este xoves a dez e media da noite para comprobar a súa puntería nesta nova misión.
Eso sí, seguro que don Benigno non vai fracasar na súa.