lunes, 15 de febrero de 2010

Rumbo á castañeta.

Esta semana don Benigno vai preparar unha palometa,
e a receita vai sorprender a todos. Ademáis, o noso cociñeiro, quere acompañar o peixe dunhas ameixas babosas e esta é a excusa perfecta para que Tomás se achegue a mariscar a Carril.
Para ver o resultado final teredes que agardar ata o xoves.
¡Paciencia lambonciños e lambonciñas!
E como diría a nosa querida Lola...
"a bordo que hai castañeta".

jueves, 11 de febrero de 2010

Un día entre anxos.

Esta foto é o resultado dunha emocionante xornada vivida polos nosos amigos Tomás e Benigno nas instalacións da Fundación Menela en Vigo.
As estupendas coidadoras deste centro de rapaces autistas os convidaron a coñecer a estes nenos e nenas que son fieis seguidores do programa, sobre todo Iván.
Despois de pasar un rato con eles don Benigno decidiu volver para facerlles unha das suas famosas paellas xigantes e presentarlles de paso a Tomás.
Ambos disfrutaron moitísimo desta xornada e incluso se emocionaron en varios momentos.
Ademáis o magnífico gaiteiro Marcos Campos e o seu grupo amenizaron coa súa música este gran día que os nosos larpeiros nunca podrán esquecer.
Grazas a todas esas persoas que traballan con tanto agarimo e dedicación nesta fundación de Vigo, e grazas de todo corazón a todos eses cativos que fixeron hoxe tan felices a Tomás e Benigno.

miércoles, 10 de febrero de 2010

Xoves 11 - 22:15H - TVG - "Queremos mel".

Nesta nova aventura dos larpeiros descubriremos como utilizar o mel na cociña, xa que este manxar non se emprega só na reposteria senón que incorpórase cada vez máis a miúdo para aportarlle un toque orixinal os nosos pratos. E para lograr esta fazaña contarán coa axuda dunha invitada, a cociñeira Celia Cabrera, quen nos propón un cordeiro ó mel. A combinación do doce e o salgado emociona os nosos larpeiros e pronto Tomás diríxese ó lugar de Beade no concello de Vigo. Alí agárdao Xosé, un experto na arte da apicultura. Un perigoso traballo no que o intrépido xornalista porá todas a súas enerxias para ensinaranos os beneficios do mel. Pero os larpeiros teñen outro encargo para Tomás, necesitan que merque cuscús e froitos secos para acompañar o cordeiro. Con tódolos ingredientes na cesta da compra, Benigno e Celia xa están listos para meterse na cociña.
Con estes dous cociñeiros de primeira, o xantar fará as delicias de tódolos larpeiros.

lunes, 8 de febrero de 2010

Esta semana os nosos larpeiros contarán coa visita da súa amiga Celia Cabrera, do restaurante "O Croque" no Museo do Mar de Vigo.
Ela e máis Benigno compartirán a cociña para preparar un novo prato.
Mentres Tomás vai visitar unhas colmeas de abellas nos montes de Beade en Vigo.
¿E todo isto para qué?

viernes, 5 de febrero de 2010

Vacas e bacallaus

Agora xa sabedes que non comeron carne, que tomaron bacallau.
¡E con leite nada menos!
Agardamos que vos gustara moito a excursión de Tomás polas terras do Deza para coñecer de cerca o leite cru O Alle e que disfrutarades coa receita de hoxe.

lunes, 1 de febrero de 2010

¿Qué pensades que vai cociñar Benigno este xoves si, como vemos, Tomás foi a unha granxa de vacas?.
Pois igual levades unha gran sorpresa lambonciños.