viernes, 11 de noviembre de 2011

ESCARAPOTE CON ERVILLAS

INGREDIENTES (para 5 persoas):

2 ESCARAPOTES (enteiros, descamados, coa cabeza cortada)

1 cebola grande

2 dentes de allo

½ pemento verde

½ pemento vermello

2 tomates maduros (pelados)

3/4 kg de Chícharos ou ervillas

Para o caldo: 1 allo porro, 1 cenoura, 1 cebola, perexil

1kg de patacas medianas (aprox)

Un vaso de viño branco

Azafrán, aceite e sal

- O primeiro é montar o caldo coas cabezas de escarapota. Poñemos nunha ola as cabezas dos escarapotes cos vexetais do caldo: 1 allo porro, 1 cenoura, 1 cebola, e o perexil. (O caldo de peixe nos vai quedar exquisito en 10 minutos fervendo). E mentres se vai facendo o caldo imos torando o peixe e o salgamos.

Agora imos preparar o sofrito, poñemos aceite nunha tarteira e cortamos o allo, a cebola e os pementos. Poñemos todo a pochar. Cando as verduras están xa ben pochadas e o momento de botarlle os tomates, ben picados. Deixaremos que coza todo xunto uns 10 minutos.

Cando o tomate xa está cociñado, incorporamos na tarteira as patacas cortadas e as ervillas. Dámoslles unha voltiña co sofrito e cubrimos todo co caldo. Poñemoslle un sobreciño de azafrán moito e un pouco de sal.

Coas patacas xa case feitas, incorporamos o peixe e botamos un pouco de viño branco porriba do peixe. En seis minutos xa está todo listo.

FEIXÓNS VERDES CON VINAGRETA

INGREDIENTES (para 5 persoas):

Feixóns verdes (3/4 kg)

2 cenouras medianas

1 ovo cocido

Aceite e vinagre

  1. Cortamos as xudías en bastóns e as poñemos nunha ola con auga e un pouco sal, no lume.
  2. Cortamos as cenouras en bastonciños.
  3. Poñemos na tarteira as cenouras e os feixóns.
  4. Mentres cocen, preparamos a vinagreta: esmagamos o ovo nun bol, engadimos 3 partes de aceite e 1 de vinagre, e remexemos ben todo.
  5. Cando as verduras estean cocidas, as escoamos e as colocamos nunha fonte xunto coa vinagreta.

TRES GALEGOS

INGREDIENTES (para 5 persoas):

3 ou 4 rosquillas

500 grs de requeixo galego (cremoso sen azucre)

Un pouco de mel galego

Unhas fresas

5 ou 6 melindres (para adornar)

Comezamos por esmagar nun prato, cunha culler, as rosquillas e as deixamos en cachiños.

No vaso do batedor poñemos as fresas e un par de culleradas sopeiras de mel. Batemos todo.

Collemos un vaso e montamos a lambetada: poñemos un fondo de rosquillas, despois unha capa de requeixo (o remexemos antes) e por último, botamos porriba a froita co mel. Hai que ter moito coidado para que non se mesturen as capas.

Como adorno final colocamos un melindre colgado no bordo superior de cada vaso.

*Podemos facer unha capa de cada ou alternar un par de capas de cada. Tamén se poden empregar outras froitas.

lunes, 31 de octubre de 2011

“Un día redondo”


O mércores 9 de novembro, ás 22:30h na TVG, os larpeiros prepararán un riquísimo guiso de escarapote con ervillas; ademais como sobremesa os nosos amigos vanse dar un gusto: prepararán a copa dos tres galegos, unha sorpresiña con requeixo do Eume, mel do país, rosquillas e uns bonitos e saborosos amorodos.

Para tan ricos manxares o xornalista de investigación Tomás Alonso desprazarase ata a festa de San Bieito, en Gondomar, na provincia de Pontevedra, onde agarda por el no seu posto de rosquillas a súa amiga María, unha simpática muller que pertence a unha familia de grandes rosquilleiros. Será ela quen lle aprenda o oficio a Tomás, que vai levar como agasallo polo seu traballo unha bolsa de rosquillas…logo de comer algún bolo e algún melindre, claro. Veremos tamén como se elaboran todos estes produtos na fábrica de rosquillas de Silleda e xa a lume de carozo Tomás deberá ir cara o mercado de Teis en Vigo para facerse cunhas verduriñas e uns escarapotes no posto de Roberto, antes de regresar.

lunes, 24 de octubre de 2011

Este mércores 26 de outubro, ás 22:30 na TVG: "Un menú de ricos!"


Esta semana a cociñeira do restaurante "O Croque" do Museo do Mar de Vigo, Celia Cabrera, e Benigno, van preparar unha ensalada de lumbrigante e un guisiño con lumbrigante e peixe sapo.

Para iso, na Guarda, Paco lle vai aprender a Tomás todo o necesario para pescar lumbrigantes coa arte de pesca do miño.

Unha vez rematada a xornada de pesca, Tomás marchará cara ao mercado de Pontevedra para facerlle unha visita a Marcos, o seu peixeiro de cabeceira.

Veremos como lle quedan a Celia e a Benigno esa ensalada e ese guiso.

lunes, 17 de octubre de 2011

Aviso

Esta semana o noso programa déixalle o seu tempo ao fútbol. Vémonos a vindeira semana!

jueves, 13 de octubre de 2011

VERDINAS CON NAVALLAS

INGREDIENTES (para 5 persoas):
700 grs de verdinas (que xa temos a remollo)
40 navallas (3 ducias e media)
cebola,
allo,
tomate maduro
viño branco
pemento doce
aceite e sal
 - Empezamos por poñer as verdinas a cocer na ola exprés, en auga fría con algo de sal e acompañadas dunha cebola con cravo e loureiro, durante uns 30 minutos.
 - Mentres abrimos as navallas, dándolle unha fervura breve nunha cazarola cunha pouca auga. Unha vez abertas, reservamos a auga da cocción e apartamos as navallas para unha fonte.
 - Agora poñeremos en marcha o sofrito. Colocamos na tixola un pouco aceite, picamos allo e cebola, os poñemos a pochar a lume suave.
 - Mentres retiramos as viandas das navallas e as cortamos pola metade, retirándolle a parte negra. Cando allo e cebola estean xa pochados, incorporamos o tomate natural, pelado e picado. Deixamos que se faga con calma.
 - A continuación incorporamos as navallas no sofrito e unha cullerada de pemento doce. Mollamos cun pouco de viño branco, deixamos que se faga todo un par de minutos.
 - Cando estean as verdinas as xuntamos co sofrito coas navallas noutra tarteira e o deixamos a lume moi baixo, se engade un pouco de auga e algo da auga de cocción das navallas. Remexemos con delicadeza.
 - Deixamos que coza suavemente cinco minutos e listo!